PREVIR O CIBERACOSO: PRIMEIRO OBXECTIVO

PREVENCIÓN DO CIBERACOSO
A) INTRODUCIÓN
Non podemos negar a presenza e importancia das novas tecnoloxías no día a día do noso alumnado, a nivel de formación, socialización e ocio.
Dentro do noso entorno educativo detectamos un incremento de burlas, ataques, insultos, distribución de imaxes persoais, ... a través de correos electrónicos, mensaxería instantánea (whatsapp, messenger) e redes sociais (instagram, facebook, twitter). Porén, debemos concienciar  as partes implicadas, como o propio alumnado, familia e profesorado,  sobre un uso axeitado das mesmas.
Propoñemos unha serie de actividades e orientacións elaboradas coa finalidade de previr probables casos de ciberacoso no noso centro.

Os obxectivos que se pretenden acadar con ditas actividades son :
- Identificar e utilizar condutas de prevención e protección axeitadas, frente a este.  
- Recoñecer e entender os riscos que conleva o ciberacoso escolar.
- Establecer normas comúns de conduta no uso dos medios dixitais como respeto, empatía e privacidade.
- Manter unha actitude proactiva de rexeitamento e denuncia ao ciberacoso, tanto do sufrido en primeira persoa como do que poidan padecer outros menores do seu entorno.
Traballaremos e avaliaremos os distintos estándares de aprendizaxe que entran en relación coa convivencia no centro, como o de que o alumno respecte as opinións das demais persoas, coñeza e utilice ferramentas das tecnoloxías da información e da comunicación, participando, intercambiando opinións, comentando e valorando escritos alleos, ou escribindo e dando a coñecer os seus propios, pero facendo un bo uso das novas tecnoloxías,  utilizándoas de forma productiva no eido académico, así traballaría o estándar que indica que o alumno utilice recursos variados das tecnoloxías da información e da comunicación para a realización dos seus traballos educativos. Asemade, outro estándar a traballar, sería que o alumno participe en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais, para mellorar a convivencia  no centro escolar.  Ou que o alumno mostre unha actitude de respeto polas diferenzas individuais nas actividades diarias.

 

 A avaliación das actividades propostas será unha heteroavaliación por medio do debate e da observación na aula e fóra dela.

Comentarios

Entradas populares