ACTIVIDADE 3: AS REDES SOCIAIS E AS SÚAS NORMAS


3. ACTIVIDADE: AS DIFERENTES REDES SOCIAIS E AS SÚAS NORMAS. 

DESCRICIÓN: análise das redes sociais na vida cotiá do noso alumnado e recomendacións para fomentar unha boa conduta do seu uso. As redes que se analizarán serán: whatsapp, twitter, facebook e instagram.

METODOLOXÍA:
-O profesor establecerá 4 grupos . No caso de que os grupos superaran os 6 alumnos/as, poderanse facer máis grupos e repetir algunha das redes sociais.
- Cada grupo escollerá a un portavoz.
- Para adxudicar as diferentes redes sociais a cada grupo, o profesor realizará un sorteo (por exemplo, escribirá o nome de cada rede social nun papel e cada portavoz do grupo escollerá un).
 - Dentro do grupo traballarase de forma individual e de forma grupal:
            a) Individualmente, cada alumno terá 5 minutos para pensar e escribir as 5 recomendacións    
            sobre o bo uso da rede correspondente.
            b) Posteriormente, farase unha posta en común dentro do grupo das súas ideas.
            c) Reflexión e conclusións.
- Cada grupo elaborará as súas cinco recomendacións nunha presentación dixital (prezi, power point)  ou empregando outros materiais (como cartulinas) para presentalas ó resto da clase. Na exposición deberán participar todos os membros do grupo.
- Despois de cada exposición, abrirase un diálogo /debate entre toda a clase.
- Para finalizar  recoméndase o visionamento do seguinte vídeo:
"Se leen las cartas" https://www.youtube.com/watch?v=LAayCQOJOrc

DURACIÓN: 3 sesións de 45 minutos cada unha.

GUÍA PARA O DOCENTE:  Adxúntase modelo de normas para cada rede.
                     Whatsapp:
- Non escribas nada que non dirías á cara.
- Respeta aos demais e a súa intimidade.
- Evita comentar os rumores e intenta erradicalos do grupo.
- Non compartas contido ofensivo cara ninguén.
- Un Whatsapp sen contestar vale máis que 1000 palabras.
                     Twiter:
- Non uses tweets con hashtags irrelevantes.
-  Ollo coa información que das e co que dices
- Informar cando eres agredido ou acosado  por alguén.  O silencio non serve. Ademais, debes bloquealo.
-Non acosar  a ninguén a través da túa conta. Ollo: estas conductas están tipificadas como delitos.
- Recorda que Twitter é unha rede social onde persoas que non coñeces poden chegar a ver os teus comentarios.

                     Facebook:
- Nunca etiquetes fotografías sen permiso.
- Non publiques todo o que fas.
- Acepta só contactos coñecidos.
- Non reveles o teu contrasinal a ninguén, nin sequera aos teus amigos. As amizades cambian e non tería ninguna gracia que otro se faga pasar por ti.
- Protexe os teus datos persoais (enderezo, teléfono...)
                     Instagram:
- Configura a cámara do teu móbil para que non almacene a ubicación xeográfica en cada foto. 
- Hai que pensar seriamente na privacidade e nas consecuencias sobre a seguridade antes de publicar. Os perfís, especialmente dos menores de edad, deberán estar configurados como privados.
- O uso esaxerado desta rede social consumirá rápidamente a tarifa plana de datos do noso móbil. O consumo de datos conta tanto si subimos fotos como si as descargamos para velas.
- Non abuses publicando cada momento da túa vida diaria.
            - Ten cuidado co material (fotos, videos) que publiques. Aínda que o elimines queda        constancia na rede.

VALORACIÓN:
Distribuirase o seguinte formulario a cada alumno para a valoración do aprendido na actividade.


SI
NON
Eres consciente do que publicas nas redes sociais?


Compartes os teus contrasinais?


Aceptaches como amigo a descoñecidos?


Compartes información persoal en internet?


Cres que fas un bo uso das redes sociais?


Cres que o teu comportamento nas redes sociais é correcto?


Consideras que pasas demasiado tempo conectado?


Comentarios

Entradas populares