DETECCIÓN PRECOZ DE SITUACIÓNS DE MALESTAR E ACOSO


CUESTIONARIO PARA  A DETECCIÓN PRECOZ DE SITUACIÓNS DE MALESTAR E ACOSO NO ALUMNADO


Entrevista coa presunta vítima

Modelo A

Responde a este cuestionario con sinceridade, porque mediante as túas respostas queremos saber cómo te atopas e se hai algunha situación ou persoa que che fai sentir mal, para poder axudarte.
 Lembra que este cuestionario é confidencial e so o van ler o titor/a e o orientador/a.
Tenta respostar todas e preguntas e o seu porqué.


NOME……………………………………………………………………………………….CURSO……..DATA………

1.      En xeral, cómo te sintes no teu?
a)     Ben
b)     Uns días mellor e outros peor, pero en xeral ben.
c)      Mal

Porqué?.........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

2.      Cada mañá, con qué ánimo vas ao instituto?
a)     Con ganas sempre.
b)     Sempre menos cando teño exames
c)      No instituto atopo os meus amigos/as e iso encántame.
d)     Nunca teño ganas de ir ao instituto.

Porqué?.........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................


3.      Con respecto aos estudos?
a)     Non me gusta estudar e non estudo.
b)     Non me gustan, pero entendo que é a miña obriga e estudo.
c)      Sei que debería estudiar pero non estudo e iso agóbiame.
d)     Gústame estudar e fagoo.

4.      Algunha vez sentiches inseguridade ou falta de protección no teu centro?
a)     Coñezo casos de xente que o pasa mal, pero eu non.
b)     Síntome seguro, no meu instituto non me vai pasar nada malo.
c)      Teño a sensación de que en calquera momento me pode pasar algo malo.
d)     Preferiría estar na outra clase ou noutro instituto.

Porqué?.............................................................................................................................................................................................................................................................................................................

5.      No meu centro vin compañeiros que molestan a outros/as:

a)     Nunca ou en raras ocasións
b)     Algunhas veces, pero deron solucionado os seus problemas.
c)      Si, é normal, pero non digo nada porque teño medo de que se metan comigo.

Describe algunha situación destas que teñas visto
………………………………………………………………………………………………………….


6.      Cando un compañeiro/a sofreu burlas ou insultos:
a)     Aguantou
b)     Díxollo a un profesor e non lle deu importancia.
c)      Díxollo a seus pais.
d)     Taménlta lle insultou ou pegou.

Sabes dalgún compañeiro/a a quen lle estea pasando algo parecido?................................................................................................................................

7.      Se vexo que alguén se burla dun compañeiro,  qué podo facer?
a)     Dicirllo á Xefatura de estudos, titor/a ou orientador/a
b)     Defender á vítima como sexa, incluso facendo dano ao agresor
c)      Mellor non digo nada, dame medo, e se a seguinte vítima son eu?
d)     Calar, se non se meten comigo, non é o meu problema.

Describe algunha situación destas que teñas visto…………………………………………………………………………………………………………..

8.      Sinto que os compañeiros me respetan:
a)     Sempre, respírase respeito na miña aula.
b)     Algunhas veces, porque á minima rinse de min e de todo o mundo.
c)      En absoluto, sinto que se burlan de min.
d)     Non sei cómo acabará o día ou se alguén me fará dano.

9.      Nos grupos de whatsapp, con xente do meu instituto ou noutras redes sociais (…………………………………………………………………………………………………..)
a)     Teño visto insultos nalgunha ocasión.
b)     A xente colga fotos doutros compañeiros/as sen o seu permiso.
c)      Fan comentarios sobre a vida persoal dos outros.
Describe algunha situación destas que coñezas…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
Algunha vez pasouche a ti?
………………………………………………………………………………………………………………………

10.  Se te insultaron a ti ou a un amigo, por whatsapp/ Instagram/ Facebook/ Tuenti ou colgaron fotos:
a)     Díxenllo a meus pais ou profesores/as
b)     Salín dos grupos.
c)      Non llo dixen a ninguén.
d)     Tento solucionalo non dándolle importancia ou insultando eu tamén.

11.  Tes alcume?................................En caso afirmativo, cal é?.........................................................
Gústache ter alcume?...............Empleas alcumes para referirte aos demáis?............
Pensas que aos demáis lles gusta?.............
por qué?...................................................................................................................................

12.  Os teus compañeiros/as fixéronche sentir mal no teu instituto?...............
Cándo che ocorreu?........................................................................................................................................................................................................................................................................................
Actualmente ségueche ocorrendo?,……………………………………………………………………………………


Modelo B


Nome e apelidos: ……………….....................................................................……………
Curso e grupo: ……………………………………………………..………........…………….. Indicar sexo: Muller      Home

• Cuestións para a recollida dunha información inicial (Os datos permitirán saber como é a súa situación no centro)

1. Como te atopas na clase?
 2. Sénteste integrado/a no centro?
 3. Tes amigos?
 4. Como son as relación cos teus compañeiros e coas túas compañeiras?
 5. Como son as relacións co profesorado?
 6. E co persoal non docente
 7. Sabes en que consiste o acoso?
8. Son frecuentes estas situacións no centro? Cales son as máis habituais?
9. Por que cres que se dan este tipo de situacións?
10. Sufriches algunha destas situacións nalgunha ocasión?

 • Cuestións para a análise da situación ocorrida (Trátase de que faga un relato do suceso no que se ve implicado. A partir da cuestión 11 son propias do ciberacoso)

 (Preguntas persoais)

1. Que foi o que aconteceu?
2. Cando sucederon os feitos?
3. Onde sucederon os feitos?
4. Repetiuse esta situación noutras ocasións?
5. Desde cando ocorre esta situación? Son feitos illados ou repítense?
        6. Como te sentes ante estes sucesos?
7. Que fas ti para evitar o conflito?
 8. Que fas ti cando ocorre?
9. Que fas ti para solucionar o ocorrido?
10. Que pensas que se podería facer para evitar que se reproducise unha situación similar?
11. Souben que hai mozos e mozas que se están a meter con outros/as por medio do móbil e de internet, ti sabes algo?
12. Que opinas disto? Por que cres que o fan?
13. Que fai a persoa que recibe estes insultos ou burlas? Que pensas que podería facer?
14. Coñeces a alguén que lle estea pasando?
15. Sabes de alguén que se burle dos demais ou que sufra burlas?
16. Ti sabes que no centro estamos para axudarvos e que non podemos permitir que isto lle suceda ao noso alumnado. Ocorreuche algunha vez a ti? Estache a pasar?
17. O problema é con internet ou co teléfono móbil?
 Redes sociais, messenger, chat, correo electrónico, sms, mms, youtube…?

Preguntas sobre a persoa ou persoas acosadora/s

 1. Sabes quen é a persoa que está a facer isto? É unha persoa soa ou son varias?
2. Como o sabes? Adoita ser moi difícil saber quen fai estas cousas, non?
3. A que se debe que o fixese ou fixesen?

Preguntas sobre as persoas observadoras/espectadoras:
 1. Hai máis persoas que o saben? Quen máis coñece a situación?
 2. Por que o sabe? Contáchesllo ti?
3. Onde estaba esa persoa cando sucederon os feitos?
 4. Como reaccionou ou reaccionaron as persoas que estaban presentes?

 • Que pensas que debería facer o profesorado do centro ou a Dirección para solucionar o problema? (Informar o alumno ou a alumna das medidas urxentes de protección que se poden poñer en marcha para tranquilizar a vítima)


....................................., ......... de ........................... de ...............

Sinatura Persoa receptora da información (Responsable da tramitación)



REXISTRO DE POSIBLES NOVAS CUESTIÓNS XURDIDAS NA ENTREVISTA



REXISTRO DAS RESPOSTAS ÁS CUESTIÓNS REALIZADAS NA ENTREVISTA





Comentarios

Entradas populares