ACTUAR

ACTUAR

 A intervención urxente.
Cando temos indicios de que existe un acoso e o alumno/a encóntrase triste, ou sente un profundo malestar, é necesario iniciar un proceso de investigación para definir o que está a ocorrer.


1.      Protexer á vítima. Recurriremos aos protocolos de acoso da administración educativa.
2.      Valorar a percepción que a vítima ten da situación, indagando se se ten plantexado autolisis ou agresións de outros.
3.      Reforzar a autoestima da vítima.
4.      Colaborar en que os acosadores saiban que estes comportamentos son  moi graves e teñen consecuencias para eles e para a vítima.
5.      Lembrar que 14 anos é idade mínima penal e eses actos poden ser obxecto de sanción.
6.      En toda a comunidade será importante ensalzar a figura do colaborador ou “Valente” que da a cara ou actúa para impedir que ese comportamento continúe a producirse.

7.      Potenciar a xustiza como un valor  positivo de modo que a comunidade sinta a responsabilidade compartida. Que non hai que ser cómplice desas situacións.

Comentarios

Entradas populares