ACTIVIDADE 4 :XESTIÓN DO TEMPO LIBRE

4. ACTIVIDADE :XESTIÓN DO TEMPO LIBRE

DESCRICIÓN: O obxectivo da actividade, mediante a técnica de role-playing, será  establecer un pacto entre "pais e fillos" para disfrutar do tempo de lecer en familia, no que cada parte deberá asumir certos compromisos e tendo en conta os intereses de cada membro da familia.

METODOLOXÍA:
- Contextualización: preséntaselles aos alumnos a seguinte situación:
            ¨É sábado. Pais e fillos teñen distintos plans para organizar o día:
            Pais: ir á aldea e visitar aos avós, facer a compra semanal, unha ruta de senderismo, limpeza                        da casa,...
            Fillos: xogar aos videoxogos, participar nas competicións deportivas, quedar cos amigos,        estudar,...
- Formar grupos de 4 alumnos.
- Repartir o rol de cada alumno dentro do grupo: pai, nai, fillo/a – fillos- fillas
- Establecer características de cada personaxe: nome, idade, profesión,estudios, horario laboral.
- Cada rol (pais / fillos) deberá elexir as súas preferencias dando razóns da súa proposta para o que  disporán de 15 minutos para preparar a súa posta en escena, mediante a elaboración dun guión.
- Unha vez que todas as situación foron representadas, levaráse a cabo unha posta en común tendo en contas as seguintes preguntas:
            a. Que decisión dos diferentes grupos vos pareceu a máis axeitada? E a menos?
            b. Como se sentiron cada un dos participantes na toma de decisións e na representación.
            c.  Se os alumnos se identificaron con algunha das representacións e como se sentiron.
            d. Predominou o ambente de respecto nas representacións?

DURACIÓN: 2 sesións (de 45 minutos cada unha)

VALORACIÓN:
Distribuirase o seguinte formulario a cada alumno para a valoración do aprendido na actividade.


SI
NON
Paréceche importante a xestión do tempo?


Pensas que organizas correctamente o teu tempo de lecer?


Repartirías o teu tempo libre doutra forma despois desta actividade?


Consideras útil establecer pactos de convivencia cos teus pais?


       Hai momentos de diálogo no día a día cos teus pais?


Valoras pasar tempo de lecer coa túa familia?


Consideras que pasas demasiado tempo co ordenador e videoxogos? 


Comentarios

Entradas populares